![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Flag_of_%25C3%2585land.svg/langgl-640px-Flag_of_%25C3%2585land.svg.png&w=640&q=50)
Åland
From Wikipedia, the free encyclopedia
Åland (en sueco: Åland, en finés: Ahvenanmaa) é unha rexión autónoma e desmilitarizada de Finlandia desde 1920 por decisión da Liga de Nacións.[1] É a rexión de Finlandia máis pequena por superficie e poboación, cunha extensión de 1.580 km2, e unha poboación de 30.129, (11.736 dos cales viven na capital) que constitúe o 0,51% da súa poboación. superficie terrestre e o 0,54% da súa poboación. Constitúe unha das 19 rexións con que conta a organización político-administrativa rexional da República de Finlandia desde a reforma de 2010. A súa única lingua oficial é o sueco e a capital é Mariehamn (en finés Maarianhamina). A rexión consta de 16 municipios, entre os cales Marehamn é o único que ten o rango de cidade.
Himno | Ålänningens sång (1922) ![]() | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Corzo (animais) Pigargo (aves) Östra and Västra Kyrksundet (en) ![]() Esox lucius (peixe) Primula veris (planta) Calcaria (rocha) ![]() | ||||||||||||
Localización | |||||||||||||
| |||||||||||||
Estado | Finlandia | ||||||||||||
Axencia Rexional | State Department of Åland (en) ![]() ![]() | ||||||||||||
Capital | Mariehamn ![]() | ||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 30.144 (2021) ![]() | ||||||||||||
Lingua oficial | lingua sueca ![]() | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Parte de | |||||||||||||
Superficie | 1.582,93 km² ![]() | ||||||||||||
Bañado por | Mar Báltico ![]() | ||||||||||||
Altitude | 129 m ![]() | ||||||||||||
Punto máis alto | Orrdalsklint (en) ![]() ![]() | ||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
Órgano executivo | Government of Åland (en) ![]() ![]() | ||||||||||||
• Lantråd (en) ![]() ![]() | Katrin Sjögren (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||
Órgano lexislativo | Parliament of Åland (en) ![]() ![]() | ||||||||||||
Membro de | |||||||||||||
PIB per cápita | 1.194.000.000 € (2017) ![]() | ||||||||||||
Moeda | euro ![]() | ||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .ax ![]() | ||||||||||||
Prefixo telefónico | 18 ![]() | ||||||||||||
Teléfono de emerxencia | 112 ![]() | ||||||||||||
Código de país | AX ![]() | ||||||||||||
ISO 3166-2 | FI-01 ![]() | ||||||||||||
Código NUTS | FI2 ![]() | ||||||||||||
Páxina web | aland.ax ![]() | ||||||||||||
![]() |
Åland está situada nun arquipélago, chamado as illas Åland, á entrada do Golfo de Botnia no Mar Báltico pertencente a Finlandia. Comprende a illa principal de Fasta Åland na que reside o 90% da poboación [2] e preto de 6.500 illas, illotes e escollos ao leste.[3] Das miles de illas de Åland, entre 60 e 80 están habitadas. Fasta Åland está separada da costa de Roslagen en Suecia por 38 km. de augas abertas ao oeste. No leste, o arquipélago de Åland é contigua co arquipélago finlandés. A única fronteira terrestre de Åland está situada no deshabitado escollo de Märket, que comparte con Suecia.[4] Desde Mariehamn, hai unha distancia en transbordador duns 160 km. ata Turku, unha cidade costeira da Finlandia continental, e tamén ata Estocolmo, a capital de Suecia.
O estatuto de autonomía de Åland significa que os poderes rexionais que normalmente exercen os representantes do goberno finlandés central son exercidos en gran parte polo seu propio goberno. O Estatuto de Autonomía garante, entre outros, a posición predominante do idioma sueco no territorio rexional. A actual posición neutral e desmilitarizada de Åland remóntase aos días do Tratado de Paz de París despois da Guerra de Åland na década de 1850.[5] En 2022 celebrouse o 100 aniversario do estatuto de autonomía.[6]
É membro asociado do Consello Nórdico.