Ácido linoleico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido linoleico (LA) é un ácido graxo de 18 carbonos poliinsaturado con dous dobres enlaces cis, situados nos carbonos 9 e 12 (polo que o último dobre enlace está situado no 6º carbono empezando polo final, o que fai que sexa un ácido omega-6 ou n-6) [4]. Como o seu punto de fusión é de -12 °C [5][6], a temperatura ambiental moderada é líquido, e ten aspecto incoloro.
Ácido linoleico | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Ácido (9Z,12Z)-9,12-octadecadienoico[1] | |
Outros nomes C18:2 | |
Identificadores | |
Número CAS | 60-33-3 |
ChemSpider | 4444105 |
UNII | 9KJL21T0QJ |
KEGG | C01595 |
ChEBI | CHEBI:17351 |
ChEMBL | CHEMBL267476 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C18H32O2 |
Masa molar | 280,45 g mol−1 |
Aspecto | aceite incoloro |
Densidade | 0,9 g/cm3[2] |
Punto de fusión | -5 °C[3] -12 °C[2] |
Punto de ebulición | 230 °C a 21 mbar[3] 230 °C a 16 mmHg[2] |
Solubilidade en auga | 0,139 mg/L[3] |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 112 °C[3] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido linoleico é un dos ácidos graxos esenciais para os humanos e animais, que debe ser inxerido como compoñente dos alimentos da dieta para manter unha boa saúde, porque o corpo o require para diversos procesos, pero non pode sintetizalo a partir doutros compoñentes.[7]
A palabra "linoleico" contén unha raíz que procede do grego linon, que significa liño. Por saturación do dobre enlace do carbono 6 orixinaríase ácido oleico.