luns, 2 de set. de 2024
Most read
Manuel de Pedrolo
escritor catalán
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país. Mostrouse especialmente crítico cos partidos políticos cataláns antes, durante e despois da transición española, sendo considerado decote un referente e intelectual da esquerda independentista.
278 views
Daniel de la Torre
director, realizador e guionista galego
Daniel de la Torre Alvaredo, coñecido como Dani de la Torre, nado en Monforte de Lemos en 1975, é un director, realizador e guionista galego.
149 views
Xabier Deive
actor galego
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
84 views
Startijenn
Startijenn é un grupo de música bretón. Dende o lanzamento do seu primeiro disco, en 2006, teñen dado concertos en toda a Bretaña. En 2008 sacaron o seu segundo álbum, Pakit Holl!. O grupo intégrano Konogan an Habask, Tangi le Gall-Carré, Tangi Oillo (guitarra), Youn Roue (bombarda) e Kaou Gwenn (percusión). En 2008 participaron no Festival Intercéltico de An Oriant.
75 views
María Jamardo
empresaria e política galega
María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.[Cómpre referencia]
73 views
Segunda guerra mundial
conflito bélico global entre 1939 e 1945
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto, no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.
68 views
Show more