Trol
monstro da mitoloxía nórdica / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un trol[1] (do nórdico troll) é un temible membro dunha mítica raza antropomorfa do folclore escandinavo. O seu papel nos mitos cambia desde xigantes diabólicos –similares aos ogros dos contos de fadas ingleses– ata teimados salvaxes máis parecidos a homes que viven baixo terra en outeiros ou montículos, inclinados ao roubo e o rapto de humanos que, no caso dos infantes, eran substituídos por nenos cambiados. Tamén se lles pode chamar «xente do outeiro» ou «do montículo». Nos contos das illas Shetland e Orcadas, os troles son chamados trowes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Troll (homónimos).