Xetsemaní
From Wikipedia, the free encyclopedia
Xetsemaní[1][2][3] (grego Γεθσημανἰ, Gethsēmani; hebreo:גת שמנים; arameo:גת שמני, Gath-Šmânê; siríaco ܓܕܣܡܢ, Gat Šmānê, lit. "prensa de aceite") foi o xardín onde, segundo o Novo Testamento, orou Xesús a última noite antes do seu arresto.
Este artigo amosa letras siríacas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A oración de Xesús no horto conmemórase todos os anos o Xoves Santo. Despois da Última Cea, Xesús dirixiuse ao horto, onde adoitaba reunirse cos seus discípulos para orar. Segundo os Evanxeos era un lugar que tanto Xesús como os seus discípulos visitaban adoito, o que lle permitiu a Xudas atopalo alí.[4] Os Evanxeos describen a tristura agónica que o asaltou nese momento e a actitude de Xesús de orar e anunciar aos apóstolos que xa chegarían os soldados que o ían deter, guiados por Xudas Iscariote.