Xenealoxía
ciencia que estuda as relacións familiares / From Wikipedia, the free encyclopedia
A xenealoxía é unha das ciencias auxiliares da historia, encargada do estudo e seguimento da ascendencia e descendencia dunha persoa ou familia. O documento que rexistra este estudo adoita ser coñecido como árbore xenealóxica. O termo procede do latín genealogia, á súa vez do grego genea (genos, raza, nacemento, descendencia) + -logia (logos, ciencia, estudo).