World Wide Web
rede de páxinas escritas en hipertexto e conectadas entre si / From Wikipedia, the free encyclopedia
World Wide Web (Grande Arañeira Mundial), a Web ou WWW, é unha rede de páxinas escritas en hipertexto, coa linguaxe de etiquetado HTML, e conectadas entre si, de xeito que forman un só corpo de coñecemento facilmente navegable. Para acceder á web, a única ferramenta indispensable é un navegador web.
A web baséase en tres estándares para funcionar:
- Uniform Resource Location (URL), que se encarga de dar unha dirección única a cada páxina para que poida ser claramente localizada;
- Hyper Text Transfer Protocol (HTTP), que especifica a maneira na que se enviará e se recibirá esta información entre o navegador e o servidor;
- Hyper Text Markup Language (HTML), un método para especificar ó navegador como visualizar esta información.
Actualmente, o organismo encargado de manter estes tres estándares é o W3C, dirixido por Tim Berners-Lee, o creador da Web.