Venus Capitolina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Venus Capitolina é unha tipoloxía de estatuas de Venus. Especificamente, é unha variante da Venus Púdica, que, entre outras, inclúe a Venus de Médici, e da cal existen varios exemplares. A Venus Capitolina e as súas variantes caracterízanse pola posición dos brazos da estatua: en pé, despois do baño, Venus comeza a cubrir os seos coa man dereita e a rexión xenital coa esquerda.
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |