Universo cinematográfico de Marvel
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Universo cinematográfico de Marvel (inglés: Marvel Cinematic Universe, a miúdo abreviado MCU) é unha franquía de medios e un universo compartido, centrada nunha serie de filmes de superheroes producidos independentemente por Marvel Studios e baseados nos personaxes que aparecen nas publicacións de Marvel Comics. Marvel, nos seus inicios non tiña un estudo propio e colaboraba con outras axencias que quixesen levar a cabo os seus proxectos, como por exemplo a realizada en 1978 por Philip DeGuere, Dr. Strange. Mais non foi ata o ano 2000 que os filmes de Marvel se fixeron tan famosos e aclamados polos espectadores grazas a X-Men dos estudos de 20th Century Fox e as posteriores a esta baixo a dirección de diversos estudos como Columbia ou Universal Studios.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
En 2008 comeza un proxecto a grande escala comezando co filme de Iron Man (O home de ferro) onde pretendía que todos os seus superherores compartisen universo; é dicir, malia que cada filme contaba unha historia distinta, todas acabarían xuntándose nun crossover final. Este proxecto foi dividido en diferentes sagas e fases, na cal só coñecemos a primeira que dispón de tres fases.
Saga do infinito: Arco que se centra nas aventuras por separado dos heroes de Marvel onde se vai presentando un inimigo común, Thanos. Esta saga está composta por 23 filmes divididos en tres fases.[1]