Trobadorismo
primeira manifestación literaria da lingua galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
O trobadorismo é a primeira manifestación literaria da lingua galega. O seu xurdimento ocorre no século XII. As súas orixes danse na Provenza, de onde se vai espallar por practicamente toda a Europa, por mor da cruzada contra a herexía albixense, que obriga a un éxodo masivo das xentes da Provenza ou Occitania. Malia iso, a lírica medieval galego-portuguesa posúe características propias e unha gran produtividade e número considerábel de autores conservados.