Tamaganos
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tamaganos (latín: tamagani) eran un pobo galaico da antiga Gallaecia, que se localizaron na actual comarca de Verín, no val do río Támega até Portugal.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este pobo non é citado polas fontes clásicas (Plinio o Vello, Estrabón etcétera) senón que nos é coñecido a través de diversas inscricións epigráficas.
Entre estas fontes últimas cabe destacar o Padrón dos Pobos CIL II, 2477, unha columna que conmemoraba o erguemento da ponte de Chaves, sobre o río Támega, e na que son citados dez pobos ou civitates, entre os cales son citados os tamagani.
Outra epígrafe, procedente do castro de Cabanca, en Castrelo do Val, cita un tamagano (segundo Le Roux e Tranoy de nome Lucius Casius Caenus), decurión da Ala I Gigurrorum.
O Padrón dos Pobos, especialmente, axuda a identificar os tamagani coa mesma raíz do río Támega, de onde se supón con forte razón que o grupo tomou o nome. A raíz *tam- corresponde a un hidrónimo, como vemos noutros casos e sen saír da mesma Galiza: río Tambre (antigo Tamare; cf. Praestamarcos), río Tamuxe, río Támoga etc, con paralelos noutros países, sendo o máis a man o do río Támese en Inglaterra, en inglés Thames. Trátase dunha coñecida raíz indoeuropea con significado de "escuro" o que val tanto como "profundo" (con significado de "escuro" aínda vivo en linguas eslavas, cfr. checo tma "escuro", ruso temnotá "escuro", temnéti "escurecer").
Porén a redución do pobo precísase máis aínda no val de Monterrei ou de Verín, polo feito de que aí perduran hoxe os topónimos Tamagos e Tamaguelos, de dous pequenos lugares. Tamagos deriva, sen dúbida, de tamaganos, sendo Tamaguelos un diminutivo, co sufixo, xa latino, -ellos; o que non é óbice para que o seu territorio se estendese aínda augas abaixo do Támega até o que hoxe é territorio portugués.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.