Suite Lemminkäinen
composición musical de Jean Sibelius / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Suite Lemminkäinen (subtitulado Catro Lendas),[lower-alpha 1] Op. 22, é unha obra composta polo compositor finlandés Jean Sibelius, escrita orixinalmente entre 1893 e 1895,[2] como colección de catro poemas sinfónicos que xiran en torno a unha mesma temática. Foi estreada o 13 de abril de 1896 en Helsinqui (Finlandia), baixo a dirección do propio Sibelius. Está baseada na epopea nacional finlandesa do Kalevala e supuxo o retorno do compositor ás obras orquestrais a grande escala despois da crise que viviu en torno á composición dunha ópera.
Suite Lemminkäinen | |
---|---|
de Jean Sibelius | |
Retrato de Jean Sibelius en 1892, obra de Eero Järnefelt. | |
Xénero | Sinfónico |
Forma | Suite |
Texto | Kalevala |
Composición | 1893-1895 |
Movementos | 4 |
Estrea | |
Data | 13 de abril de 1896 |
Lugar | Helsinqui |
Director | Jean Sibelius |
Intérpretes | Orquestra da Sociedade Filharmónica de Helsinqui |
Cada un dos catro poemas sinfónicos dos que consta a colección narra un episodio da vida de Lemminkäinen, un heroe xove e poderoso, e cada un deles ten identidade propia, podendo ser interpretados de xeito independente, sendo "Tuonelan joutsen" o que máis adoita interpretarse de xeito independente.
Logo de que Lemminkäinen ja saaren neidot e Lemminkäinen tuonelassa non tiveran unha boa acollida na estrea, ao contrario do que pasou con Tuonelan joutsen e Lemminkäisen kotiinpaluu, que foron publicadas con revisións menores en 1900, Sibelius dirixiu a estrea dunha nova versión o 1 de novembro de 1897 logo de reescribir parte da obra. Con todo, as críticas desta nova versión levaron ao compositor a descartar Lemminkäinen ja saaren neidot e Lemminkäinen tuonelassa, mantendo os outros dous poemas sinfónicos no repertorio, e non sería ata o 1 de marzo en 1935 cando autorizaría a interpretación dos dous números descartados. A publicación do conxunto de catro poemas sinfónicos non se produciu ata 1954.