Star Wars: The Clone Wars (serie de televisión de 2008)
Serie de televisión de 2008 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Star Wars: The Clone Wars é unha serie de televisión con animación 3D CGI, creada por Lucasfilm e con animación de Lucasfilm Singapur e CGCG Inc.[1] A serie estreouse nos Estados Unidos, en Cartoon Network, o 3 de outubro de 2008.[2] A historia sitúase na galaxia da saga Star Wars, durante o mesmo período que a serie anterior Star Wars: Clone Wars do 2003. Cada episodio ten unha duración de 22 minutos. O creador de Star Wars, George Lucas dixo que se producirán «polo menos 100 episodios».[3] Tamén existe unha liña de banda deseñada, que representa anacos da historia no período entre os episodios.[4]
Formato | Animación CGI |
---|---|
Creado por | George Lucas |
Desenvolvido por | CGCG Inc. Lucasfilm Ltd. Lucasfilm Animation Singapore Lucasfilm Animation |
Dirixido por | Yann Demange |
Intérpretes | Matt Lanter James Arnold Taylor Ashley Eckstein Tom Kane Corey Burton TC Carson Nika Futterman Dee Bradley Baker Catherine Taber Anthony Daniels Ian Abercrombie Matthew Wood Stephen Stanton Tom Kenny |
Tema de apertura | John Williams |
Tema de peche | John Williams |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 133 (7 tempadas) |
Produtor(es) executivo(s) | George Lucas Catherine Winder |
Duración | 22 minutos |
Canle de orixe | Cartoon Network |
Formato de imaxe | 1080p (HDTV) 576i (PAL) 16:9 |
Primeiro episodio | 3 de novembro de 2008 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.starwars.com/series/star-wars-the-clone-wars | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O primeiro tráiler da serie publicouse no sitio web oficial de Star Wars o 8 de maio do 2007.[5] A serie iniciouse co filme The Clone Wars, que foi lanzado nos cinemas o 14 de agosto do 2008.[6]