Sceilg Mhichíl
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sceilg Mhichíl, tamén coñecida como Skellig Michael en inglés, é unha illa rochosa despoboada que se atopa a 11,6 km ao oeste da península de Iveragh, no condado irlandés de Kerry[1]. É a meirande das dúas illas Na Scealaga (a outra é Sceilg Beag). Sceilg Mhichíl significa "Rocha de (San) Miguel" en lingua irlandesa. O seu punto máis alto atópase a 218 msnm e ten unha superficie de 22 ha[2]. Arredor do século VII estabeleceuse un mosteiro cristián na illa e permaneceu ocupado até finais do século XII cando foi abandonado. Os restos do mosteiro así como a illa foron declarados Patrimonio da Humanidade en 1996 pola UNESCO.
Datos rápidos Situación, País ...
Sceilg Mhichíl | |
---|---|
Vista da illa | |
Situación | |
País | Irlanda |
Condado | Condado de Kerry |
Provincia | Munster |
Arquipélago | Illas Skellig |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 51°46′18.984″N 10°32′18.996″O |
Xeografía | |
Superficie | 0´219 km² |
Longura máxima | 842 m. |
Largura máxima | 422 m. |
Punto máis alto | 218 m. Pico Sur |
Demografía | |
Capital | (Mosteiro de Skellig) (histórico) |
Poboación | Deshabitada |
Pechar