Santa María de Lurdes, Curtis
parroquia civil do concello de Curtis / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Lurdes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Curtis. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1420 habitantes (747 mulleres e 673 homes), 45 máis que en 1999. A poboación está distribuída en 6 entidades de poboación en 2,3 km²[2].
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa María.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Santa María de Lurdes | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Lurdes | |
Concello | Curtis[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°07′37″N 8°08′34″O |
Área | 2,3 km² |
Poboación | 1.306 hab. (2017) |
Densidade | 567,83 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Aínda que segundo o Nomenclátor de Galicia o nome da parroquia civil é Santa María de Lurdes,[3] a parroquia eclesiástica denomínase Nosa Señora de Lourdes. Pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.[4]