Rick and Morty
serie animada / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rick and Morty é unha serie de televisión estadounidense de animación creada por Justin Roiland e Dan Harmon para Adult Swim. A serie segue as desventuras dun científico, Rick, e o seu facilmente influenciable neto, Morty, quen pasan o tempo entre a vida doméstica familiar e as viaxes espaciais intergalácticos. Roiland é o encargado de darlle voz aos dous personaxes principais, tamén inclúe as voces de Chris Parnell, Spencer Grammer, e Sarah Chalke.
Xénero | Ciencia ficción Sitcom animada Humor negro |
---|---|
Creado por | Justin Roiland Dan Harmon |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 7 |
Episodios | 71 |
Produtor(es) executivo(s) | Dan Harmon Justin Roiland James A. Fino Joe Russo II |
Produtor(es) | J. Michael Mendel Kenny Micka (piloto) |
Distribuidor | Warner Bros. Television |
Canle de orixe | Adult Swim |
Na rede | |
http://www.adultswim.com/videos/rick-and-morty/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
As orixes da serie atópanse nunha curtametraxe rudimentaria animada por Roiland para o festival de cine Channel 101, chamado Doc and Mharti, unha parodia dos principais protagonistas de Back to the Future. NBC despediu a Harmon por discusións entre el e os executivos da serie Community, e entón Roiland e Harmon desenvolveron unha serie baseada na película recentemente publicada.