República Cisalpina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Cisalpina foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa creado o 29 de xuño de 1797 por Napoleón Bonaparte, pola unión das repúblicas Cispadana e Transpadana.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Repubblica Cisalpina (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Milán | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.239.572 (1797) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de xuño de 1797 | ||||
Disolución | 25 de xaneiro de 1802 | ||||
Sucedido por | República Italiana | ||||
Moeda | Milanese scudo (en) | ||||
Pechar
Situada no norte de Italia, con capital en Milán, comprendía un territorio duns 40.000 km² atravesados polo río Po. Dispoñía dun exército integrado por tropas francesas e autóctonas.
Tomou o nome de República Italiana o 26 de xaneiro de 1802, e despois o de Reino de Italia o 17 de marzo de 1805.
Desapareceu como estado despois da definitiva derrota de Napoleón na batalla de Waterloo, en xuño de 1815, e tras o Congreso de Viena o seu territorio foi asignado ao Imperio austríaco.