Reino Unido dos Países Baixos
reino formado polos actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e parte de Alemaña, dende 1815 a 1830, e por un breve tempo en 1839 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reino Unido dos Países Baixos (en neerlandés Verenigd Koninkrijk der Nederlanden e en francés Royaume-Uni des Pays-Bas) foi un reino formado polos actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e parte de Alemaña, dende 1815 a 1830, e por un breve tempo en 1839.
Koninkrijk der Nederlanden (nl) Royaume des Belgiques (fr) | ||||
Himno | Wien Neêrlands Bloed (en) | |||
---|---|---|---|---|
Lema | «Je maintiendrai» | |||
Localización | ||||
Capital | Ámsterdam Bruxelas A Haia | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa | |||
Relixión | Igreja Reformada Neerlandesa (pt) | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1815 | |||
Disolución | 19 de abril de 1839 | |||
Sucedido por | Ducado de Limburgo, Países Baixos e Bélxica | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | |||
Órgano lexislativo | Estados Xerais dos Países Baixos , | |||
Moeda | Florín neerlandés | |||
Foi creado a partir dos territorios conquistados polo Primeiro Imperio Francés nos Países Baixos austríacos, tras a disolución deste no Congreso de Viena en 1815.
Foi establecido coa finalidade de ser un estado tampón estábel ao norte de Francia, entre as principais potencias europeas, sobre todo para contrarrestar as ambicións francesas na zona. Reunía os antigos territorios da República das Provincias Unidas, actuais territorios do Reino dos Países Baixos, os territorios dos antigos Países Baixos austríacos e o sur do Principado de Liexa, correspondente ao actual Reino de Bélxica (excepto os cantóns do leste e da provincia de Luxemburgo), así como as colonias holandesas, das cales a máis importante era a das Indias Orientais Neerlandesas (a actual Indonesia).
Aínda que o Congreso de Viena previra que Luxemburgo constituiría un Gran Ducado independente membro da Confederación Xermánica, Guillerme I dos Países Baixos decidiu administrar dentro do seu reino, mediante a aplicación da súa Lei fundamental. Porén, unha gornición confederal, esencialmente prusiana, continuou alí para protexer Luxemburgo.