Recursividade
From Wikipedia, the free encyclopedia
A recursividade, ou recursión, é a calidade pola cal un proceso repítese a si mesmo dun xeito autosemellante. O termo aplícase de xeito similar a diversas disciplinas, dende a lingüística á lóxica. A disciplina máis salientable na que se aplica a recursividade é en matemáticas e nas súas ciencias aplicadas, máis prominentemente na ciencia da computación, na que se refiere a un método de definir funcións na cal a función a definir emprega a súa propia definición. Especificamente, defínense un número potencialmente infinitos de puntos para unha función utilizando unha expresión finita que pode referirse a outros puntos da función, sempre que ocorra dun xeito no que non poida suceder unha cadea infinita de referencias.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |