Proteína C reactiva
From Wikipedia, the free encyclopedia
A proteína C reactiva (CRP polas súas siglas en inglés[1]) é unha proteína que se encontra no sangue, que aumenta a súa concentración en resposta á inflamación, é dicir, é unha proteína da fase aguda. A súa función fisiolóxica é unirse á fosfocolina que se expresa na superficie de células moribundas ou mortas (e nalgúns tipos de bacterias) para activar o sistema do complemento por medio do complexo C1Q.[2]
Proteína C reactiva | |
Identificadores | |
Símbolo | CRP |
Símbolos alt. | MGC149895; MGC88244; PTX1 |
Entrez | 1401 |
HUGO | 2367 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000567 |
UniProt | P02741 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 q21.23 |
A proteína C reactiva sintetízase no fígado[3] en resposta a factores liberados polos macrófagos e adipocitos.[4] Forma parte da familia proteica da pentraxina.[3] Non está relacionada co péptido C ou proteína C. A proteína C reactiva foi o primeiro receptor de recoñecemento de padrón (PRR) que se identificou.[5]