Prisciano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Prisciano, nado en Cesarea (Mauritania) a finais do século V) foi un gramático latino. Formouse e ensinou en Constantinopla.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V Cherchell (pt) |
Morte | século VI |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | escritor , filósofo , poeta |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | 500 - 530 |
Lingua | Lingua latina |
Obra | |
Obras destacables |
Pechar
Prisciano é coñecido especialmente polas súas Institutiones grammaticae, dezoito libros de exposición sistemática da gramática latina ricos en citas de poetas e prosistas latinos e gregos. Trata cuestións de fonética, formación léxica, conxugación e sintaxe. Tamén redactou outros textos sobre temas gramaticais, metrolóxicos e métricos e un panexírico de Anastasio I en 312 hexámetros, De laude imperatoris Anastasii.
As obras de Prisciano e de Donato influenciaron profundamente o ensino do latín e da gramática durante a Idade Media.