Porta do Paraíso
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Porta do Paraíso é a porta leste do Baptisterio de Florencia, atópase situada fronte á catedral de Santa María do Fiore. Foi realizada polo ourive e escultor Lorenzo Ghiberti en 1452 e é a súa obra cume e unha das obras máis destacadas do Renacemento. Completamente dourada, foille posto o sobrenome de 'o Paraíso' por Miguel Anxo. Despois do aluvión de Florencia os paneis orixinais foron restaurados e conservados no Museo dell'Opera del Duomo que se atopa nas inmediacións.