Poríferos
From Wikipedia, the free encyclopedia
As esponxas ou poríferos (Porifera) son un filo de animais invertebrados acuáticos que se encontran dentro do subreino dos parazoos. Existen máis de 5.000 especies de esponxas no mundo, das cales 150 viven en auga doce. Estableceuse que estes animais existían no Precámbrico anterior, aínda que foron recoñecidos no século XVIII.
Máis información Esponxas / PoríferosPorifera Rango fósil: ediacárico – actualidade, Clasificación científica ...
Esponxas / Poríferos Porifera Rango fósil: ediacárico – actualidade | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Aplysina archeri. | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Clases | |||||||
|
Pechar
Durante moitos anos consideráronse plantas pero posteriormente, ó observar que no seu interior aparecían correntes de auga, foron considerados animais (arredor do ano 1825).
Este grupo presenta moitos caracteres especiais que xustifican que se poida recoñecer as esponxas como unha rama especial dos metazoos: os parazoos.