Po (materia)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O po é o nome xenérico para as partículas sólidas con diámetro menor aos 500 micrómetros (500 μ) e, en forma máis xeral, ás pequenas partículas de materia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2012.) |
Na Terra, o po que se encontra na atmosfera provén de varias fontes como, por exemplo, do solo, levantado polo vento, das erupcións volcánicas, dos incendios e da contaminación atmosférica.
O po disperso no aire considérase un aerosol, e pode ter efectos sobre as propiedades e comportamento da atmosfera fronte á radiación solar e efectos significativos no clima.
O po é responsábel das pneumoconioses, enfermidades do pulmón producidas pola inhalación de determinadas partículas en suspensión (de asbesto: asbestose, de sílice: silicose etc.).
O riscos destas doenzas determinaron a adopción, nos países desenvolvidos, dunha serie de leis que regulan as condicións ambientais nos lugares de traballo.