Pinacoteca do Estado de São Paulo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Pinacoteca do Estado de São Paulo é unha institución cultural brasileira dependente da Secretaría de Cultura do Estado de São Paulo.[3] A súa sede principal encóntrase no Jardim da Luz, na Cidade de São Paulo. Ademais, usa tamén un espazo chamado Estación Pinacoteca, antiga sede do DOPS, e un edificio no Parque do Ibirapuera.
Datos rápidos Coordenadas, País ...
Pinacoteca do Estado de São Paulo | |
---|---|
Sede da institución. | |
Coordenadas | |
País | Brasil |
Cidade | São Paulo |
Tipo | Museo de arte |
Director | Tadeu Chiarelli[1] |
Inauguración | 24 de decembro de 1905 |
Visitantes | 425.575 (2014) [2] |
Na rede | |
https://www.pinacoteca.org.br/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Caracterízase como un dos máis importantes espazos museísticos de arte do Brasil e xunta no seu acervo máis de 6.000 obras, como pinturas, esculturas, collages, debuxos, tapices e obxectos de porcelana. A colección comprende a historia da pintura brasileira entre os séculos XIX e XX.[3]