Motocrós
From Wikipedia, the free encyclopedia
O motocrós é unha disciplina motociclista que se desenvolve en circuítos sen asfaltar ou en campo a través e na cal os diferentes participantes disputan unha carreira co obxectivo de finalizar en primeira posición á hora de chegar á meta. É unha das modalidades máis espectaculares do motociclismo. Combina a velocidade coa destreza necesaria para controlar a moto ante as irregularidades naturais (e nalgúns casos artificiais) do terreo, con curvas pechadas, cotarelos, fochancas, cambios bruscos de rasante, cursos de auga e sobre unha superficie de terra que, xeralmente, se atopa enlamada coa finalidade de evitar o perigo que supón o po. Todo iso fai que nas carreiras de motocrós se sucedan saltos e derrapes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
O motocrós demanda moita resistencia e fortaleza física do piloto. Unha moto de cros/enduro de competición é capaz de desenvolver unha aceleración en tramos curtos comparable aos mellores automóbiles deportivos, sen a comodidade de ir sentado e sobre terreo moi áspero; isto deriva nun traballo constante de todos os músculos do corpo, en especial dos brazos e costas. O circuíto español onde recae o mundial de motocrós é Bellpuig (Lleida).