Marca da Bretaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
A marca da Bretaña (en bretón: Marz Breizh) foi unha entidade creada no século VIII coa unión de varios condados francos. Integrábana o Bro Roazhon, o Bro Naoned e o Bro Gwened, e parte do Maine e era unha verdadeira zona amortecedora, baixo administración militar. O seu máis máis coñecido prefecto (Britannici limitis praefectus) foi Roldán, sobriño de Carlomagno, morto no 778 na batalla de Roncesvales.
Foi conquistada e integrada completamente no Reino da Bretaña por Nominoe e os seus sucesores, e logo creouse unha segunda marca, coñecida como a marca bretoa, pero en realidade Marca de Neustria contra os bretóns, formada por Turena, Anjou e Maine, e confiada a Roberto o Forte en 861. Á súa vez, unha parte desta segunda marca será cedida a Bretaña ao abeiro do Tratado de Entrammes (863).