María Leopoldina de Austria
From Wikipedia, the free encyclopedia
María Leopoldina de Habsburgo-Lorena ou de Austria (en portugués Carolina Josefa Leopoldina Fancisca Fernanda de Habsburgo-Lorena, en alemán Caroline Josepha Leopoldine Franziska Ferdinanda von Habsburg-Lothringen),[1][2][3][4] nada en Viena o 22 de xaneiro de 1797 e finada o 11 de decembro de 1826 en Río de Xaneiro, foi filla de Francisco I de Austria, emperador do Sacro Imperio Xermánico e despois de Austria, e da súa esposa María Teresa de Borbón-Dúas Sicilias.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Casou en 1817 con Pedro de Alcántara, futuro rei de Portugal (Pedro IV) e emperador do Brasil (Pedro I).
Foi arquiduquesa de Austra, primeira emperatriz consorte do Brasil (1822-1826), rexente do Brasil en setembro de 1821, raíña rexente de Portugal (10 de marzo de 1826 - 28 de maio de 1826) e, durante oito días, en 1826, raíña rexente de Portugal.
No Brasil pasou a asinar como María Leopoldina e Leopoldina.
Era moi querida polos brasileiros, que dolorosamente choraron a súa morte.
O seu apoio á causa da independencia do Brasil valeulle o sobrenome da Paladina da Independencia.