María II de Portugal
Raíña de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
María II de Portugal (nada en Río de Xaneiro o 4 de abril de 1819 e finada en Lisboa o 15 de novembro de 1853) foi raíña de Portugal, alcumada a Educadora. Nada no Brasil, foi a única americana xefe de estado dun estado europeo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar
Era a filla do rei Pedro IV de Portugal, tamén emperador do Brasil co nome de Pedro I, e da súa primeira esposa a arquiduquesa Maria Leopoldina Josefa Carolina de Austria. Foi a segunda e última muller que logrou acceder ao trono de Portugal.