Músculo flexor común fondo dos dedos da man
From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo flexor común fondo dos dedos da man é un músculo do membro superior humano, situado no compartimento anterior do antebrazo, pertencente ao plano muscular fondo. Orixínase no cúbito e na membrana interósea entre o radio e o cúbito, para despois atravesar o túnel carpiano e dividirse en catro tendóns. Na maior parte do percorrido áchase cuberto polos tendóns do flexor común superficial.
Antes de inserirse na falanxe, o tendón está rodeado dunha estrutura fibrosa que o protexe. Na palma da man, a ambos os dous lados sitúanse os músculos lumbricais da man. Como os tendóns cruzan todo o pulso, a contracción do músculo pode flexionar tal articulación.