Músculo ciliar
From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo ciliar é un anel muscular liso[2][3] situado na capa media (capa vascular) do ollo humano que controla a acomodación do ollo para ver obxectos situados a maior ou menor distancia e regula o fluxo de humor acuoso no canal de Schlemm do ollo. Fai cambiar a forma do cristalino, pero non o tamaño da pupila, do que se encarga o esfínter da pupila. Cando os músculos ciliares se contraen o cristalino faise máis esférico, ten maior potencia de refracción e permite enfocar obxectos próximos. Cando estes músculos se relaxan vense mellor os obxectos que están lonxe.
Datos rápidos
Músculo ciliar | |
---|---|
A coroide e o iris. (o músculo ciliar está na preto da parte superior.) | |
Latín | musculus ciliaris |
Gray's | subject #225 1011 |
Orixe | 1) fibras lonxitudinais → esporón escleral; 2) fibras circulares → circundan a raíz do iris[1] |
Inserción | 1) fibras lonxitudinais → procesos ciliares, 2) fibras circulares → circundan a raíz do iris[1] |
Vascularización | arterias ciliares posteriores longas |
Innervación | nervios ciliares curtos Desde o nervio oculomotor A través do ganglio ciliar |
Accións | acomodación e regulación do poro da rede trabecular |
Pechar