Mário de Andrade
poeta, escritor, crítico literario, musicólogo, folclorista, ensaísta e fotógrafo brasileiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mário Raul Morades de Andrade, nado en São Paulo o 9 de outubro de 1893 e finado no mesmo lugar o 25 de febreiro de 1945,[1] foi un poeta, escritor, crítico literario, musicólogo, folclorista, ensaísta e fotógrafo do Brasil. Co seu libro Pauliceia Desvairada (1922), foi un dos pioneiros da poesía brasileira moderna. Tamén foi un dos primeiros investigadores do seu país no campo da etnomusicoloxia.[2]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Mário Raul de Morais Andrade 9 de outubro de 1893 São Paulo, Brasil |
Morte | 25 de febreiro de 1945 (51 anos) São Paulo, Brasil |
Lugar de sepultura | Cemitério da Consolação (pt) , rua 17, terreno 1 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , novelista , crítico de arte , musicólogo , xornalista , fotógrafo , pianista |
Empregador | Universidade Federal do Río de Xaneiro |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Mário Sobral |
Lingua | Lingua portuguesa |
Instrumento | Piano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
De Andrade foi unha figura central das vangardas en São Paulo. Músico adestrado e máis coñecido como poeta e novelista, Mario de Andrade estivo persoalmente envolvido en practicamente todas as disciplinas que estiveron relacionadas co modernismo en São Paulo, tornándose o polímata nacional do Brasil.[3][4][5]. As súas fotografías e os seus ensaios, que cubrían unha ampla variedade de asuntos, da historia á literatura e á música, foron amplamente divulgados na prensa da época. Andrade foi a forza motriz por tras da Semana de Arte Moderna, evento ocorrido en 1922 que reformulou a literatura e as artes visuais no Brasil, sendo un dos integrantes do "Grupo dos Cinco". As ideas por tras da Semana serían mellor delineadas no prefacio do seu libro de poesía Pauliceia Desvairada e nos propios poemas.
Despois de traballar como profesor de música e columnista de xornal publicou a súa maior novela, Macunaíma, en 1928. Mario de Andrade continuou a publicar obras sobre música popular brasileira, poesía e outros temas de forma desigual, sendo interrompido varias veces debido ao seu relacionamento inestábel co goberno brasileiro. No fin da súa vida, tornouse o director-fundador do Departamento Municipal de Cultura de São Paulo formalizando o papel que el desempeñara durante moito tempo como catalisador da modernidade artística na cidade e no país.