Lucio César
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucio César (en latín, Lucius Caesar), nado o 29 de xaneiro do 17 a. C.[1] e finado o 20 de agosto do 2 d. C., foi un aristócrata romano da familia Xulio-Claudia. Era o segundo fillo de Marco Vipsanio Agripa e Xulia a Maior,[2][3][4] única filla de Augusto e, polo tanto, neto deste, o primeiro emperador romano.
Nome orixinal | (la) Lucius Caesar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Lucius Vipsanius Agrippa 29 de xaneiro de 17 a. C. Roma Antiga |
Morte | 20 de agosto de 2 (18 anos) Marsella |
Lugar de sepultura | Mausoleo de Augusto |
Senador romano | |
Legado (Roma antiga) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Lingua | Lingua latina |
Familia | |
Familia | Dinastía Xulio-Claudia, Vipsanii Agrippae (en) e César (família) (pt) |
Parella | Aemilia Lepida (en) |
Pais | Marco Vipsanio Agripa e Octavio Augusto e Xulia a Maior |
Irmáns | Vipsânia Marcela (pt) , Agripina (pt) , Vipsania Agripina, Júlia, a Jovem (pt) , Agripa Póstumo (pt) , Caio César, Tiberillus (en) , Vipsania (esposa de Varo) e Vipsania Attica (en) |
Augusto, adoptou a Lucio e ao seu irmán máis vello, Caio César, como fillos adoptivos e coherdeiros do Imperio Romano,[2][3][4][5] polo que tiveron prometedoras carreiras políticas e militares. Porén, Lucio morreu dunha enfermidade repentina o 2 d.C., en Masalia, Galia, mentres viaxaba cara Hispania ao encontro do exército romano. O seu irmán Caio, tamén morreu a unha idade relativamente nova o 21 de febreiro do ano 4 d. C.
A perda prematura de ambos herdeiros obrigou a Augusto a modifica-la liña sucesoria adoptando o irmán máis novo de Lucio, Agripa Póstumo, así como o seu fillastro, Tiberio, o 26 de xuño do 4.