Instrumento de percusión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un instrumento de percusión é un instrumento musical que produce son mediante golpes contra unha superficie ou impactando unha peza contra outra, así mesmo como tamén por axitación ou raspado, con ou sen o auxilio de baquetas. Das formas de clasificación de instrumentos musicais, esta é a menos precisa e a que posúe a maior variedade de instrumentos, a maior parte dos cales posúen altura indeterminada (ou sexa, non poden ser precisamente afinados), que son utilizados primordialmente con función rítmica, como é o caso da maior parte dos tambores, os ferriños e os pratos. Os instrumentos de percusión de altura definida, como son os xilófonos, poden ser empregados con función melódica e harmónica.