Inspiración artística
From Wikipedia, the free encyclopedia
A inspiración na composición artística asóciase a un gromo de creatividade irracional e inconsciente. Literalmente, a palabra significa "recibir o alento," e ten as súas orixes no helenismo e a cultura hebrea. Homero e Hesíodo, nas primeiras discusións sobre a natureza da inspiración destacan como importante tanto os aspectos rituais como as orixes divinas do alento dun deus. Por exemplo tanto o oráculo de Delfos, como outras sibilas, recibían o vapor e fumes divinos nunha caverna dedicada a Apolo antes de realizar unha profecía. Na Odisea, 22. 347-8, un poeta menciona que os seus cantos foron postos no seu corazón polos deuses.