Igrexa de Santa María do Naranco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María do Naranco (en asturiano: Ilesia de Santa María'l Narancu) é unha igrexa prerrománica de estilo asturiano ou ramirense. Foi construída orixinariamente coma palacio polo monarca Ramiro I de Oviedo no 842, formando parte dun conxunto palacial no monte Naranco,[1] e reconvertida a igrexa probablemente no século XII. Está situada na aba sur do Naranco, a tres quilómetros de Oviedo, en Asturias.
Datos rápidos Monumentos de Oviedo e do reino de Asturias, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Monumentos de Oviedo e do reino de Asturias | |
---|---|
Fachada oriental de Santa María do Naranco | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | Oviedo 43°22′45″N 5°51′57″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | i, ii, iv |
Inscrición | 1985 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 312 |
Pechar
En 1885 foi declarada, xunto con San Miguel de Lillo, como monumentos nacionais;[2] e levouse a cabo a restauración do monumento entre 1929-1934 dirixida por Luis Menéndez Pidal, que recupera o aspecto actual.[3] En 1985, foi declarada, como parte do prerrománico asturiano, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[4][5]