Historia do debuxo técnico
From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia do debuxo técnico comeza coa necesidade de comunicarse a través dos debuxos. As primeiras representacións que coñecemos son as pinturas rupestres, nelas non só trataron de representar a realidade que o rodeaba, os animais, as estrelas, o propio ser humano, entre outras, senón tamén sensacións, como a alegría das danzas ou a tensión das cazas. Algún exemplos de arte esquemático ibérico son ademais moi abstractos e de figuras xeométricas básicas.
Ao longo da historia, esta necesidade de comunicarse mediante debuxos, evolucionou, dando por unha banda ao debuxo artístico e por outro ao debuxo técnico.
O debuxo artístico tenta comunicar ideas e sensacións, baseándose na suxestión e estimulando a imaxinación do espectador, mentres que o debuxo técnico ten como fin a representación dos obxectos o máis exactamente posíbel, en forma xeométrica e dimensións.
Hoxe en día existe unha confluencia entre os obxectivos do debuxo artístico e o técnico. Isto é consecuencia do uso de ordenadores no debuxo técnico, con eles obtéñense recreacións virtuais en 3D, que aínda que representan os obxectos en verdadeira magnitude e forma, tamén teñen unha forte suxestión para o espectador.