Giorgio Vasari
arquitecto, pintor e historiador italiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Giorgio Vasari, nado en Arezzo o 30 de xullo de 1511 e finado en Florencia o 27 de xuño de 1574, foi un escritor, pintor e arquitecto italiano. Nacido nunha familia modesta, foi autor dunha aprezada escolma biográfica titulada Vida dos máis excelentes pintores, escultores e arquitectos (Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori) (1560-1570). Esta obra ten importancia, pois nela puxo as bases das primeiras aproximacións metodolóxicas da Historia da arte.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A partir de 1553 traballa na corte dos Medicis en Florencia e funda a Academia de debuxo en 1562. En 1564, proxecta, sempre en Florencia, o "corredor" que une o Palazzo Vecchio co Pazo Pitti, que constrúe en 5 meses, baixo encargo de Cosme I. Permitiu que os Médicis circulasen sen baixar á rúa para atravesar o Arno pola Ponte Vella (Ponte Vecchio), cheo de admirábeis cadros (moitos autorretratos). Realizaría amais a reforma de Santa Maria Novella. En 1574 comezou a decoración da cúpula de Santa Maria del Fiore, a catedral florentina, realizando as figuras próximas á lanterna, pero a súa morte fixo que a obra fose rematada por Federico Zuccaro. Fóra de Florencia, traballou en Pistoia (Santa María da Humildade) e Pisa (pazo dos Cabaleiros de Santo Estevo).