Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión (en francés: Médaillier du musée des Beaux-Arts de Lión) é a colección de moedas, medallas, selos e outros obxectos numismáticos que conserva o Museo de Belas Artes de Lión.
- Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.
Datos rápidos Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión, Coordenadas ...
Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión | |
---|---|
Sala do Gabinete de Medallas, no Museo de Belas Artes de Lión | |
Coordenadas | 45°46′01″N 4°50′01″L |
País | Francia |
Cidade | Lión |
Director | Sylvie Ramond (desde 2004) |
Inauguración | 1810 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Esta colección numismática, creada no século XVIII, foi transferida ao museo da cidade en 1810 e desde entón foise enriquecendo mediante adquisicións, depósitos de tesouros e legados. Abrangue toda a historia monetaria e das artes afíns, e é a segunda máis importante de Francia, despois da do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.