Fauna invasora de Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A fauna invasora de Galicia é o conxunto de especies animais que foron transportadas e introducidas polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecoloxicamente. Que unha especie animal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, poñendo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).