Eurofighter Typhoon
avión militar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Eurofighter Typhoon é un avión militar polivalente, bimotor e de gran manobrabilidade. Está deseñado e construído polo consorcio europeo de empresas Eurofighter GmbH, creado en 1986 e composto polas compañías Airbus Group, BAE Systems e Alenia Aeronautica.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2017) |
Eurofighter Typhoon | |
---|---|
Eurofighter Typhoon da Royal Saudi Air Force sobre Malta en 2010. | |
Tipo | Avión de combate |
Fabricante | Eurofighter Jagdflugzeug GmbH |
Deseñado por | British Aerospace EAP |
Primeiro voo | 27 de marzo de 1994 |
Introducido | 4 de agosto de 2003 |
Retirado | 26 de novembro de 2003 |
Estado | En servizo |
Principais usuarios | Royal Air Force (125) Luftwaffe (120) Aeronautica Militare (96) Exército do Aire (73) Real Forza Aérea Saudita (72) Luftstreitkräfte (15) Real Forza Aérea de Omán (12) |
Produción | 1994–presente |
Unidades construídas | 412 a xullo de 2014, pedidos 571 a xaneiro de 2013 |
Custo unitario | 64,8 millóns (versións 1 e 2), 90 millóns (custo versión 3A) 125 millóns de libras (incluíndo desenvolvemento + produción) |
O desenvolvemento do avión iniciouse realmente en 1983 co programa Future European Fighter Aircraft, unha colaboración multinacional entre Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia e España. Desacordos sobre a autoridade do deseño e requirimentos operacionais fixeron que Francia deixase o consorcio para desenvolver o Dassault Rafale de forma independente. Un demostrador tecnolóxico, o British Aerospace EAP, realizou o seu primeiro voo o 6 de agosto de 1986; o primeiro prototipo do Eurofighter finalizado voaría por vez primeira o 27 de marzo de 1994. O nome do avión, Typhoon, adoptouse en setembro de 1998 e os primeiros contratos de produción asináronse ese mesmo ano.
Problemas políticos entre as nacións participantes prolongaron significativamente o desenvolvemento do Typhoon; o fin repentino da guerra fría reduciu as demandas europeas para avións de caza, e existía un debate sobre o custo do aparello e a repartición do traballo. O Typhoon entrou en servizo no ano 2003; a día de hoxe opera nas forzas aéreas de Austria, Italia, Alemaña, Reino Unido, España e Arabia Saudita. As forzas aéreas de Omán e a de Kuwait son clientes de exportación, co que o total de compras chega aos 599 aparellos en 2016.