Ecce Homo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ecce Homo é unha locución latina de uso contemporáneo en varias linguas que significa literalmente "Velaquí o home", simboliza o Cristo coa coroa de espiñas na Paixón de Cristo. No uso contemporáneo representa un home maltratado e con feridas. A expresión atópase, en tradución do hebreo, na Vulgata, sendo o equivalente da frase grega ιδου ο ανθρωπος (Idou ho Anthrōpos) do Evanxeo de Xoán. Esta locución acadou un simbolismo importante na cultura occidental coa representación do Cristo sufrindo.