Departamento de Lempira
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lempira é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado no occidente desta. Ten unha superficie de 4.228 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 277,910 habitantes.
Limita polo norte cos departamentos de Copán e Santa Bárbara, polo sur coa República do Salvador, polo oeste con Ocotepeque, Copán e O Salvador, e polo leste cos departamentos de Santa Bárbara e Intibucá.