Coroa de Aragón
territorio baixo a xurisdición do rei de Aragón desde 1162 a 1715 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Coroa de Aragón adoita denominar a unión permanente de múltiples títulos e estados nas mans do Rei de Aragón. Os reinos compoñentes da Coroa nunca foron unidos politicamente excepto a nivel do rei. Polo tanto, a Coroa de Aragón non debería ser confundida co Reino de Aragón, sendo este mesmo un reino compoñente da Coroa de Aragón.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Poboación | ||||
Lingua oficial | aragonés medieval catalão medieval (pt) lingua latina latín medieval | |||
Relixión | Igrexa católica, Sunnismo, Sephardic law and customs (en) e Igreja Ortodoxa Grega (pt) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Fundador | Afonso II de Aragón | |||
Creación | 18 de xullo de 1164: causado por Marriage contract of Barbastro, Union of the Kingdom of Aragon and the County of Barcelona | |||
Disolución | 1714 | |||
Sucedido por | Reino de España, Council of Italy (en) , Reino de Francia, Imperio de Habsburgo e Q14928355 | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía composta monarquía constitucional | |||
Órgano lexislativo | General Courts of the Crown of Aragon (en) , | |||
No cumio do esplendor da Coroa durante o século XIV e XV, a Coroa de Aragón era unha talasocracia que controlaba unha boa parte do leste da Península Ibérica e o sueste de Francia, así como algunhas illas importantes e outros territorios continentais que se estendían a través do mar Mediterráneo até Grecia.
En 1479 unha unión dinástica uniu a Coroa de Aragón coa Coroa de Castela, creando o que sería o Reino de España. Os títulos compoñentes da Coroa Aragonesa que herdaba o monarca español perduraron até 1716, cando se suprimiron mediante os Decretos de Nueva Planta como unha consecuencia da derrota do pretendente preferido dos antigos gobernantes da Coroa de Aragón no curso da Guerra de Sucesión Española.