Condado de Marin
From Wikipedia, the free encyclopedia
O condado de Marin (en inglés Marin County) é un condado situado no norte da área da baía de San Francisco no estado de California, cruzando a ponte Golden Gate dende o condado de San Francisco. No ano 2010 tiña unha poboación duns 252.409 habitantes. A súa capital é San Rafael e a súa principal fonte de postos de traballo é o goberno do condado. Marin é coñecido pola súa beleza natural, a política liberal e a opulencia. En maio do 2009, o condado de Marin tivo o quinto maior ingreso per capita dos Estados Unidos, cun total de 91.480 dólares.
Marin County (en) | |||||
Nomeado en referencia a | Chief Marin (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Capital | São Rafael (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 262.321 (2020) (122,29 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 104.900 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.145 km² | ||||
Auga | 37,25 % | ||||
Bañado por | Océano Pacífico e Baía de São Francisco (pt) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1850 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código de departamento INSEE | 06041 | ||||
Identificador GNIS | 277285 | ||||
Páxina web | co.marin.ca.us | ||||
A prisión de San Quentin está situada no condado, ao igual que o Skywalker Ranch, lugar de traballo de George Lucas. Autodesk, a editora de AutoCAD, tamén se atopa alí, así como numerosas compañías tecnolóxicas. A sede de Lucasfilm Ltd., anteriormente baseada en San Rafael, trasladouse ao Presidio de San Francisco.
O Marin County Civic Center foi deseñado por Frank Lloyd Wright e atrae e milleiros de visitantes anualmente, con visitas guiadas ao seu arco e ao seu atrio. En 1994, unha nova prisión do condado foi construída na ladeira próxima.
A carreira de cross máis antiga dos Estados Unidos, a Dipsea Race, ten lugar anualmente no condado de Marin, levando a milleiros de atletas. A bicicleta de montaña foi inventada nas ladeiras do monte Tamalpais en Marin.