historiador da arte italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Cesare Ripa, nado en Perugia en 1555 e finado probablemente en Roma en 1622, autor italiano do século XVI, estudoso afeccionado da arte e autor de Iconoloxía (Iconologia overo Descrittione dell'Imagini universali) (Roma, 1593), libro de emblemas moi influente no seu tempo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1555 (Gregoriano) Perugia, Italia |
Morte | 22 de xaneiro de 1622 (66/67 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma (1575 (Gregoriano)–1622) Perugia |
Ocupación | escritor, erudito, letrado, polímata, filósofo, teórico da arte, científico, cociñeiro, historiador da arte, teórico, académico |
Xénero artístico | Emblema |
De neno Cesare Ripa entra na corte do cardeal Anton Maria Salviati coa función de escudeiro. Membro da Academia dei Filomati e Intronati de Siena (empresas académicas dedicadas ó estudo de obras literarias clásicas e antigas moedas), que tería contactos coa Accademia degli Incitati en Roma, onde viviu entre 1611 e 1620.
En 1593 publicou a colección de alegorías: a obra, que ten por obxecto servir ós poetas, pintores e escultores para representar as virtudes, os vicios, os sentimentos e as paixóns humanas, é unha enciclopedia que se presenta en orde alfabética, como alegorías da paz, a liberdade ou a prudencia, recoñecibles nos atributos e a cor simbólica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.