Catarina II de Rusia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Catarina II (ruso: Екатерина Алексеевна, Iekaterina Alekseievna), chamada a Grande, nada co nome de Sofía Augusta Federica de Anhalt-Zerbst o 21 de abril de 1729 en Stettin (Prusia), e finada o 6 de novembro 1796 en Tsarskoe Selo (preto de San Petersburgo), foi emperatriz de Rusia de 1762 a 1796. Era curmá de Gustavo III de Suecia e de Carlos III de Suecia.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Catarina II.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Durante seu goberno realizou unha ampla reforma na sociedade rusa, modernizándoa. É considerada un exemplo de monarca do despotismo ilustrado. Grazas a esta modernización Rusia logrou obter un gran desenvolvemento e a emperatriz, aínda que sendo de orixe estranxeira, foi moi popular.