Cancro de endometrio
cancro uterino que se atopa nos tecidos que revisten o útero / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cancro de endometrio inclúe un conxunto de variantes malignas que proveñen do endometrio ou revestimento do útero. O cancro endometrial é moi frecuente en países desenvolvidos; o tipo máis común é o adenocarcinoma endometriode, que ocorre polo xeral poucas décadas despois do inicio da menopausa e está asociado a unha excesiva exposición ó estróxeno. Con frecuencia o cancro de endometrio desenvólvese na forma dunha hiperplasia endometrial, presentándose principalmente con metrorraxia. O carcinoma de endometrio é unha causa común de morte debido a un cancro xinecolóxico, xeralmente por detrás do cancro de ovario e o cancro cervical. A abordaxe terapéutica máis frecuente é a eliminación cirúrxica do útero —histerectomía abdominal total— e os seus anexos —salpingooforectomía bilateral—, que inclúe ovarios e as trompas de Falopio.
Cancro de endometrio | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
OMIM | 608089 |
DiseasesDB | 4252 |
MedlinePlus | 000910 |
eMedicine | radio/253 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Debido a que se pode desenvolver cancro noutras porcións do útero ademais do endometrio, o termo «cancro de útero» non é axeitado para referirse exclusivamente ó cancro de endometrio.