Batalla do Atlántico
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Batalla do Atlántico, termo acuñado polo Primeiro ministro británico Winston Churchill,[4] foi a campaña militar máis longa da segunda guerra mundial,[5][6] comezando en 1939 e rematando coa derrota de Alemaña en 1945. A principal causa do seu comezo foi o bloqueo naval por parte dos aliados de Alemaña, anunciado ao día seguinte da declaración de guerra, e o conseguinte contra-bloqueo alemán. Estivo no seu apoxeo dende mediados de 1940 ata finais de 1943. A Batalla do Atlántico enfrontou aos U-Boots e outros buques de guerra da Kriegsmarine (Mariña alemá) e os avións da Luftwaffe (Forza aérea alemá) contra a Royal Canadian Navy, Royal Navy, e a mariña mercante aliada. Os convois, procedentes sobre todo de América do Norte e que tiñan como destino principalmente Reino Unido e a Unión Soviética, foron protexidos, na súa maior parte, polas forzas navais e aéreas británicas e canadenses. Estas forzas recibiron a axuda de buques e avións dos Estados Unidos a partir do 13 de setembro de 1941.[7] Aos alemáns uníronselle os submarinos da Regia Marina (Armada Real Italiana) despois da entrada de Italia na guerra, o 10 de xuño de 1940.
Batalla do Atlántico | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Segunda guerra mundial | |||||||
Oficias británicos na cuberta dun destrutor británico vixiando aos submarinos inimigos, outubro de 1941. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Reino Unido Canadá |
Alemaña | ||||||
Líderes | |||||||
Martin E. Nasmith (1939-41) Sir Max K. Horton (1943–45) Frederick Bowhill (1939-41) Philip de la Ferté (1941-43) Sir John Slessor (1943-45) Leonard W. Murray Ernest J. King |
Erich Raeder Karl Dönitz Hermann Göring | ||||||
Baixas | |||||||
30 258 mariñeiros asasinados[1][2] 2840 buques mercantes[1][2] 175 buques de guerra 119 aeroplanos |
27 491 tripulantes de U-Boot asasinados e preto de 5.000 prisioneiros[3] 783 submarinos |
Ao tratarse dunha illa, o Reino Unido dependía moito das súas importacións. O país necesitaba máis dun millón de toneladas de diverso material importado por semana para ser capaz de sobrevivir e loitar. En resumo, a Batalla do Atlántico foi unha guerra de tonelaxe: a loita dos Aliados por abastecer Gran Bretaña e o intento do Eixo de deter o fluxo de mercancías que lle permitían aos británicos seguir loitando. A partir de 1942, os alemáns tamén tentaron evitar que se acumularan subministracións e equipos aliados nas illas británicas, para preparar a invasión da Europa ocupada. A derrota dos U-Boots era un requisito previo para facer retroceder aos alemáns. Winston Churchill afirmou a posteriori:[8][9]
A Batalla do Atlántico foi o factor dominante durante toda a guerra. En ningún momento podemos esquecer que todo o que ocorre noutros lugares, na terra, no mar ou no aire depende en última instancia dos seus resultados.
A batalla experimentou importantes cambios de intensidade,[10] pero, a partir de 1943, a situación situación púxose a favor dos Aliados, que conseguiron gañar a guerra, grazas por un lado ao control da zona, debido á súa gran superioridade de medios, e tamén a que contrarrestaron con eficacia ás forzas xermanas, coa utilización de instrumentos coma o radar e o sonar e co emprego de novas estratexias, tales como o uso de barcos patrulla, portaavións de escolta e avións de alcance longo. Os convois de submarinos da Kriegsmarine, despois dun inicio favorábel, pouco a pouco comezaron a sufrir graves perdas, ata a derrota final.