Ataúlfo II
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ataúlfo II, finado no ano 876, foi un relixioso católico galego da Idade Media. Foi o bispo que conseguiu para Santiago de Compostela a condición de cidade episcopal, sendo ata entón Iria Flavia a sé do arcebispado e Compostela a residencia dos bispos. A partir dese momento unifícase a sé e a residencia, coa autorización do papa Nicolao I, e a diocese pasa a denominarse arcebispado de Compostela-Iria, levando os dous nomes unidos pero coa precedencia do de Santiago.
Ataúlfo e o touro representados no refectorio da catedral de Pamplona. | |
Biografía | |
---|---|
Morte | 876 (Gregoriano) Grau |
Bispo de Iria Flavia | |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
O bispo Ataúlfo tivo un episcopado no que se produciron acontecementos convulsos. Na súa época os normandos aterrorizaron os habitantes do bispado coa destrución e o saqueo das Terras de Iria. Sufriu amais algunha conspiración na súa contra: acusárono de sodomía e para aplacar os seus detractores saíu á praza pública ataviado coa indumentaria episcopal, enfrontouse a un touro bravo e conseguiu domear o animal[1].